DIRECCION
Calle Costa Rica 5, 25º C. 15004 A Coruña Teléfono: 981 275 151 - 981 279 207 Fax: 981 267 747 Correo electrónico: coruna.redaccion.rg@crtvg.es
DESCRIPCION
DESCRIPCION
Radiotelevisión de Galicia, S.A., también
conocida como "Radio Gallega", inició sus emisiones de prueba el 24 de
febrero de 1985, dia del aniversario del nacimiento de la poetisa
Rosalía de Castro.
La programación regular comenzó a emitirse el día 29 de marzo de ese mismo año, y, desde entonces, se emite las veinticuatro horas del día, ininterrumpidamente, en lengua gallega.
Su programación abarca todos los aspectos de la sociedad gallega:
informativos, magazines, deportes, cultura, música, programas
especiales e inmigracion, relacionados con la actualidad de Galicia,
España y el Mundo.
Radio Gallega Produce y emite el 100 por
ciento de su programación desde la Casa de Radio, que se encuentra en el
Centro de Producción y Emisión de San Marcos, en Santiago de
Compostela.
Los dos mil metros cuadrados de nuevas instalaciones están distribuidos en cinco estudios,
control central, redacciones de informativos, programas y deportes,
discotecas, fonotecas, dependencias administrativas, despachos y un
estudio de grabación de ciento cincuenta metros cuadrados.
El cuadro de personal esta compuesto de noventa profesional agrupados en siete jefaturas. En la actualidad cuenta con estudios en Coruña, Ferrol, Ourense y Vigo, y con corresponsales en Lugo y Pontevedra.
En el exterior, Radio Gallega tiene corresponsales en Madrid, Lisboa y Bruselas.
Vale la pena aclarar que Radio Galega es una empresa de carácter público.
La
señal de la radio cubre todo el territorio gallego y llega a otros a
través de seis emisores y veintiseis reemisores que pueden ser captados
en Asturias, León, Zamora y el Norte de Portugal.
Algunos de los hitos en la historia de la Radio Gallega son, en palabras de sus responsables:
* A Radio Galega é a única emisora de Galicia con total cobertura do seu sinal en todo o territorio da Comunidade Autónoma.
*
A Radio Galega emite a súa portadora con RDS desde 1994, o que permite a
rápida localización e identificación do sinal de radio.
* A
Radio Galega conta cun Servizo de Radio Exterior que emite programas en
lingua galega en 20 emisoras de nove países desde o 7 de outubro de
1992.
* A Radio Galega foi a terceira emisora de España e unha
das primeiras de Europa en poder ser escoitada en directo a través da
rede Internet. Fíxoo o 20 de agosto de 1996.
* A Radio Galega
emite en son estéreo pola Internet desde o día 20 de marzo de 1997 ás 20
horas e 40 minutos. Desde o 10 de outubro de 1997, ofrece a
posibilidade de escoitar as emisións en son estéreo ou mono segundo a
posibilidade técnica do usuario.
* A Radio Galega realizou a súa
primeira emisión dixital, de xeito experimental, o mércores 16 de abril
de 1997 ás 17 horas desde o emisor do monte do Pedroso en Santiago de
Compostela.
* A Radio Galega ofrece programación á carta desde o
28 de setembro de 1997. Desde o 3 de decembro de 1997 a Radio Galega
conta cunha cámara web que permite ao usuario ver os estudios da radio.
* A Radio Galega iniciou as emisións dixitais pola plataforma "Vía Digital" o 16 de xuño de 1998.
* A Radio Galega iniciou as emisións vía Eutelsat para toda Europa o día 24 de decembro de 1998.
* A Radio Galega realizou o cambio de imaxe corporativa o mércores día 20 de xaneiro de 1999.
* A Radio Galega regularizou as súas emisións cara a Europa polo Eutelsat o 29 de xaneiro de 1999.
* A Radio Galega iniciou as súas emisións regulares cara a América polo satélite Hispasat o 22 de febreiro de 1999.
* O 23 de abril de 1999, venres, entrou en funcionamento o novo enderezo electrónico da Radio Galega.
*
O 17 de xuño de 1999 iniciou as súas emisións terrestres regulares en
dixital (DAB) desde o centro emisor do monte Pedroso en Santiago de
Compostela.
* En abril de 2001, e despois dun pequeno parón
(alleo á RG), a Radio Galega reinicia as súas emisións para Europa, a
través do satélite Hispasat.
* A segunda enquisa do EGM da
temporada 2002-2003 sitúa á Radio Galega como a segunda emisora máis
escoitada de Galicia, cunha media de 142.000 oíntes diarios.
* O 3
de marzo de 2004 Radio Galega Música comeza a emitir en FM, dixital,
Internet e TDT (Televisión Dixital Terrestre).A nova canle Son Galicia
Radio bota a andar o 17 de maio de 2004 emitindo a través de Internet e
da TDT
Ley de creación da CRTVG
Lei 9/1984, de 11 de xullo, de
creación da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e Modificación da
Lei 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio-Televisión
de Galicia (Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e
administrativo). Segundo establece o artigo 34.3 do Estatuto de
Autonomía para Galicia no marco das normas básicas do Estado, a
Comunidade Autónoma pode regular, crear e manter a súa propia
televisión, radio e prensa e, en xeral, todos os medios de comunicación
social para o cumprimento dos seus fins.
Por outra parte, a
disposición transitoria sexta do Estatuto establece que no tocante á
televisión, a aplicación do apartado 3 do artigo 34 supón que o Estado
outorgará en réxime de concesión á Comunidade Autónoma de Galicia a
utilización dunha terceira canle, de titularidade estatal, que se debe
crear especificamente para a súa emisión no territorio de Galicia, nos
termos da citada concesión.
A esta terceira canle refírese,
segundo a doutrina, o artigo 2.2 da Lei 4/80, do 10 de xaneiro de 1980
(Estatuto de Radiodifusión e Televisión), cando sinala que o Goberno
poderalles conceder ás Comunidades Autónomas, previa autorización por
Lei das Cortes Xerais, a xestión directa dunha canle de televisión de
titularidade estatal que se cree especificamente para o ámbito
territorial de cada Comunidade Autónoma. O apartado 3 do mesmo artigo 2
deixa finalmente establecido que a organización e o control
parlamentario da terceira canle rexional, así como da radiodifusión e
televisión no mesmo ámbito territorial, articularase orgánica e
funcionalmente de acordo cos criterios establecidos nos artigos 5.º a
12.º e 26.º do devandito Estatuto da Radiodifusión e Televisión, e
segundo a Lei da Comunidade Autónoma.
Este é, pois, o obxectivo
da presente Lei: crear un Ente de Dereito Público ao que lle corresponde
a regulación e xestión dos servizos de radiodifusión e televisión,
competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, determinando a estrutura
orgánica do devandito Ente, a forma de designación e cesamento dos seus
membros, e mailas súas funcións, así como tamén a creación dunha
Comisión do Parlamento de Galicia, con funcións de control e de acordo
coas previsións do seu regulamento.
Por todo o exposto, o
Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.º2 do
Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro,
reguladora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a
Lei de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.
CAPÍTULO PRIMEIRO NATUREZA E FUNCIÓNS
Artigo 1
1.-Créase
no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co carácter de entidade de
dereito público, a Compañía de Radio-Televisión de Galicia, á que lle
corresponde a xestión directa dos servizos públicos de radiodifusión e
televisión competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, encargo que
levará a cabo consonte ao seguinte:
1.1. Atribúeselle á Compañía
de Radio-Televisión de Galicia a misión de servizo público consistente
na promoción, difusión e impulso da lingua galega, así como a atención á
máis ampla audiencia, ofrecendo calidade e a máxima continuidade e
cobertura xeográfica, social e cultural, propiciando o acceso aos
distintos xéneros de programacións e aos eventos institucionais,
sociais, culturais e deportivos, dirixíndose a todos os segmentos de
público, idades e grupos sociais, e favorecendo activamente a difusión
cultural, intelectual e artística e dos coñecementos cívicos,
económicos, sociais, científicos e técnicos mediante toda clase de
emisións en lingua galega realizadas por dita Compañía a través das
sociedades Radiotelevisión de Galicia, S.A. e Televisión de Galicia,
S.A., así como de calquera outra que poida crear no futuro.
1.2.
Para o desenvolvemento das misións de servizo público recomendadas,
actuando baixo o obxectivo de rendibilidade social e eficiencia
económica, a Compañía de Radio-Televisión de Galicia deberá promover
activamente os principios de programación sinalados nesta lei, fomentar a
produción audiovisual propia de Galicia, ofrecer programacións e
emisións que coadxuven á proxección cara ao exterior de Galicia e de
información ás comunidades galegas do exterior.
1.3. A Compañía
de Radio-Televisión de Galicia promoverá activamente o desenvolvemento
da sociedade da información, participando no progreso tecnolóxico,
utilizando todas as formas e medios de distribución, expresión e
linguaxe, así como as novas técnicas de produción e de difusión de
programas de comunicación audiovisual, e desenvolvendo novos servizos,
incluídos os dixitais e en liña, susceptibles de enriquecer ou completar
a súa oferta de programación, dentro do marco estatutario de Galicia.
2.-
As misións ás que se refire o apartado anterior enténdense sen prexuízo
das competencias que lles corresponden ao Parlamento e ao Goberno de
Galicia e das que, en período electoral, lles corresponden ás xuntas
electorais.». (1)
Artigo 2
A Compañía de
Radio-Televisión de Galicia ten personalidade xurídica propia e plena
capacidade para o cumprimento dos seus fins. Rexerase polas normas que
se conteñen na presente Lei e nas disposicións que se diten para
desenvolvela. As devanditas normas integran o dereito propio de Galicia
na materia.
Nas súas relacións xurídicas externas, adquisicións
patrimoniais e contratación estará suxeita ao réxime de Dereito Privado,
sen outras excepcións cás previstas nesta Lei.
CAPÍTULO SEGUNDO
ORGANIZACIÓN
Sección primeira. Órganos.
Artigo 3
A
efectos de funcionamento, administración e dirección, a Compañía de
Radio-Televisión de Galicia estruturarase nos órganos seguintes:
a) Consello de Administración
b) Consello Asesor da Compañía e as súas sociedades.
c) Director Xeral
Sección segunda. Consello de Administración
Artigo 4
1.-
O Consello de Administración comporase de doce membros, elixidos para
cada lexislatura polo Parlamento de Galicia, mediante maioría de dous
terzos, entre persoas de acreditado prestixio profesional. Unha ver
nomeado o Director Xeral asiste ás súas reunións de acordo co disposto
no artigo 10.4.
2.- As vacantes que se produzan cubriranse de acordo co procedemento establecido no apartado anterior.
3.-
O cesamento dos membros do Consello de Administración producirase ao
final da lexislatura correspondente, se ben seguirán desempeñando as
súas funcións ata que os novos tomen posesión dos seus cargos.
4.-
A condición de membro do Consello de Administración será incompatible
con calquera clase de vinculación directa ou indirecta con empresas
publicitarias, empresas de produción ou distribución de películas
cinematográficas ou de programas filmados ou gravados en magnetoscopio
ou radiofónicos, casas produtoras de discos, cintas magnetofónicas ou
similares, así como as dedicadas ao fornecemento ou dotación de
programas ou material á Compañía e ás súas sociedades. Tamén será
incompatible con todo tipo de prestación de servizos ou relación laboral
en activo coa Compañía, con RTVE ou coas sociedades de ambos os dous
entes.
Artigo 5
A Presidencia do Consello de
Administración será puramente funcional e exercerase de forma rotativa
por un período de tres meses polos seus membros. A orde de rotación
determinarase tendo en conta a maior idade. Se durante o decorrer da
lexislatura cumprise proceder á substitución dalgún Conselleiro, o
substituto ocupará, a efectos da quenda rotatoria na Presidencia, o
lugar que lle correspondese ao substituído pola súa idade.
Artigo 6
1.-
Para que o Consello de Administración se entenda validamente
constituído en sesión, cumprirá a presenza da maioría absoluta dos seus
membros.
2.- A adopción de acordos farase por maioría de membros
presentes, agás os casos en que a presente Lei esixe unha maioría
cualificada.
3.- O Consello de Administración reunirase en sesión
ordinaria cando menos unha vez ao mes e tamén en caso de urxencia a
criterio do seu presidente ou cando o solicite a maioría absoluta dos
seus membros. A convocatoria farase por escrito e incluirá, en todo
caso, a orde do día.
4.- Non se poderán tratar asuntos distintos
dos incluídos na orde do día, non sendo que medie acordo en senso
contrario adoptado por maioría de dous terzos dos membros do Consello.
Artigo 7
1.- Correspóndenlle ao Consello de Administración as seguintes competencias:
a) Coidar do cumprimento do establecido na presente Lei.
b) Emitir a súa opinión sobre o nomeamento do Director Xeral.
c) Recibir notificación previa do nomeamento e cesamento dos Directores da Compañía e das súas sociedades.
d)
Aprobar, a proposta do Director Xeral, o plan de actividades do ente
público, que fixará os principios básicos e liñas xerais de
programación, así como o plan de actuación das súas sociedades.
e) Aprobar a Memoria anual relativa ao desenvolvemento das actividades da entidade e das súas sociedades.
f) Aprobar con carácter definitivo os cadros da Compañía e das súas sociedades, así como as súas modificacións.
g) Aprobar o réxime de retribucións da Compañía e das súas sociedades.
h) Aprobar o anteproxecto de presupostos da Compañía e das súas sociedades.
i) Informar dos proxectos de disposicións que en materia de publicidade se propoña ditar o Goberno Galego.
l)
Ditar normas reguladoras de emisión de publicidade a través das
sociedades da Compañía, tendo en conta o control de calidade da mesma, o
contido das mensaxes publicitarias e o axeitamento do tempo da
publicidade á programación e ás necesidades dos medios.
ll)
Determinar semestralmente a porcentaxe de horas de programación
destinadas aos grupos políticos e sociais significativos, fixando os
criterios de distribución entre eles, en cumprimento do que se establece
no artigo vinte da Constitución.
m) Determinar anualmente a porcentaxe de produción propia que se deberá incluír na programación de cada medio.
n) Coñecer daquelas cuestións que, aínda non sendo da súa competencia, o Director Xeral da Compañía somete á súa consideración.
o) Coñecer periodicamente a xestión presupostaria e emitir o seu parecer sobre a mesma.
2.-Estes
acordos adoptaranse por maioría simple, a non ser os referidos nos
apartados b), d), f), g) e ll), que se adoptarán por maioría de dous
terzos. Con respecto ao apartado b), se non se acada a maioría indicada,
entenderase que o Consello de Administración se abstén de emitir a súa
opinión sobre tal nomeamento, dándose por cumprido o trámite. Polo que
se refire ao apartado d), será suficiente a maioría absoluta dos membros
do Consello de Administración, unha vez que transcorrese un mes sen
recaer acordo por maioría cualificada de dous terzos. Polo que toca ao
apartado h), e no caso de non se acadar acordo por maioría de dous
terzos, o anteproxecto de presuposto remitarase á Xunta no prazo legal
facendo constar o senso do voto de cada un dos membros do Consello de
Administración.
Artigo 8
O Consello de
Administración designará un Secretario de Actas que, sen voz nin voto,
terá as funcións que regulamentariamente se lle asignen, sen que poida
recaer en persoa que forme parte do devandito Consello.
Sección terceira. Consello Asesor.
Artigo 9
As sociedades da Compañía de Radio-Televisión de Galicia teñen un Consello Asesor, composto polos seguintes membros.
a)
Tres vogais de cada empresa, elixidos polos representantes dos
traballadores segundo criterios de proporcionalidade. A
representatividade e a proporcionalidade enténdense referidas ao grao de
implantación das seccións e dos grupos de carácter sindical ou
independentes en cada empresa dependente da Compañía.
b) Tres vogais representantes da Administración autonómica, designados pola Xunta de Galicia.
c)
Tres vogais, designados un polo Consello da Cultura Galega, un pola
Universidade, e outro polos medios de comunicación designados polo
Parlamento.
d) Un representante designado por cada unha das Deputacións Provinciais.
e)
O Consello Asesor será convocado cando menos semestralmente para cada
unha das sociedades polo Consello de Administración e emitirá opinión ou
ditame cando lle fosen expresamente requiridos por este e, en todo
caso, en canto ás competencias que sobre programación corresponde ao
Consello de Administración nos termos do artigo 7 desta Lei.
Sección cuarta. Director Xeral
Artigo 10
1.-O
Director Xeral da Compañía será o órgano executivo da entidade pública e
terá que ser nomeado pola Xunta, oído o Consello de Administración.
2.-Sen
prexuízo das causas de cesamento establecidas na presente Lei, o seu
mandato coincidirá coa lexislatura do Parlamento de Galicia en que foi
nomeado. Cando o seu mandato remate coa lexislatura, continuará á fronte
do seu cargo ata a designación do novo Director Xeral.
3.-O
cargo de Director Xeral estará afectado polas mesmas incompatibilidades
que as sinaladas para os membros do Consello de Administración. Tamén se
considerará causa de incompatibilidade a vinculación con entidades
públicas ou privadas de medios de comunicación.
4.-O Director
Xeral asistirá ás reunións do Consello de Administración con voz e voto,
pero carecerá deles cando trate de asuntos que lle afecten
persoalmente.
Artigo 11
Corresponderalle ao Director Xeral:
a)
Cumprir e facer cumprir o disposto na presente Lei e nas demais normas
que regulen a Compañía, así como os acordos do Consello de
Administración nas materias que sexan competencia deste órgano
colexiado.
b) Someter á aprobación do Consello de Administración
coa suficiente antelación, o plan anual de traballo, a Memoria económica
anual e os anteproxectos de presupostos da Compañía e das súas
sociedades.
c) Impulsar, orientar, coordinar e inspeccionar os
servizos da Compañía e das súas sociedades e ditar as disposicións,
instrucións e circulares relativas ao funcionamento das competencias do
Consello de Administración.
d) Actuar como órgano de contratación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e das súas sociedades.
e)
Autorizar os pagamentos e gastos da entidade e das súas sociedades, sen
prexuízo de que as normas que regulen estas dispoñan a facultade de
delegación.
f) Organizar a dirección e nomear con criterios de
profesionalidade o persoal directivo da Compañía e das súas sociedades,
notificando con carácter previo os citados nomeamentos ao Consello de
Administración.
g) Ordenar a programación de conformidade cos principios básicos aprobados polo Consello de Administración.
h)
Ostentar a representación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e,
en consecuencia, comparecer en xuízo e en toda clase de actuacións,
conferindo ao efecto os oportunos apoderamentos.
Artigo 12
1.-A
Xunta de Galicia poderá cesar o Director Xeral, oído o Consello de
Administración, mediante resolución motivada, por algunha das seguintes
causas:
a) Imposibilidade física ou enfermidade superior na súa duración a seis meses continuos.
b) Incompetencia manifesta ou actuación contraria aos criterios, principios ou obxectivos aos que se refire a presente Lei.
c) Condena por delito doloso.
2.-Así
mesmo, a Xunta poderá cesar o Director Xeral a proposta do Consello de
Administración, fundada nalgún dos supostos anteriores e adoptada por
maioría de dous terzos.
CAPÍTULO TERCEIRO
XESTIÓN
Sección primeira. Xestión pública
Artigo 13
1.-A
xestión dos servizos públicos de Radiodifusión e Televisión no ámbito
da Comunidade autónoma galega correspondente á Compañía de
Radio-Televisión de Galicia rexerase polas disposicións da presente Lei e
normas complementarias que a desenvolvan e realizarase mediante a
adscrición dos servizos comúns que regulamentariamente se establezan.
2.-Dos
recursos e pretensións que se deduzan contra os acordos que diten os
órganos de goberno da Compañía coñecerá a xurisdición que en cada caso
corresponda sen necesidade de formular reclamación previa en vía
gobernativa.
Sección segunda. Xestión mercantil
Artigo 14
1.-A
xestión dos servizos públicos de Radiodifusión e Televisión levarase a
cabo mediante as sociedades públicas con forma de sociedades anónimas
que a Compañía de Radio-Televisión de Galicia está facultada para crear.
Estas sociedades rexeranse polo dereito privado sen máis excepcións que
as establecidas na presente Lei.
2.-O capital das anteriores
sociedades será duplicado na súa totalidade, integramente subscrito pola
Comunidade Autónoma de Galicia, pertencerá á Compañía e non poderá ser
enaxenado, hipotecado, gravado, peñorado nin cedido en forma onerosa ou
gratuíta.
3.-Os Directores das sociedades serán nomeados e
separados polo Director Xeral da Compañía, previa notificación ao
Consello de Administración, e serán os administradores
4.-Os
estatutos de cada sociedade deberán sinalar as facultades que en materia
de autorización de gasto, ordenación de pagamentos e contratación
corresponden ao Administrador único de cada sociedade a as que se
reserve o Director Xeral.
5.-A adquisición de emisoras privadas
de radiodifusión por parte da Compañía de Radio-Televisión de Galicia,
quedará condicionada á subrogación na titularidade da concesión
administrativa de frecuencia e potencias.
Artigo 15
A
Xunta de Galicia, a proposta do Director Xeral e de acordo co Consello
de Administración da Compañía, poderá crear sociedades filiais nas áreas
de comercialización, produción, comunicación e outras análogas para
acadar unha xestión máis eficaz. Estas sociedades filiais que se creen
poderán ser de capital integramente subscrito e desembolsado pola
Comunidade Autónoma e estarán sometidas ao réxime xurídico a que se
refire o artigo anterior e concordantes.
CAPÍTULO CUARTO
PROGRAMACIÓN E CONTROL
Sección primeira. Principios de programación
Artigo 16
Os principios que han de inspirar a programación dos medios xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia son os seguintes:
a)
O respecto á Constitución e ao Estatuto de Autonomía de Galicia e a
promoción e difusión da Cultura e Lingua Galega, así como a defensa da
identidade da nacionalidade galega.
b) O respecto á liberdade de expresión, obxectividade, veracidade e imparcialidade das informacións.
c)
A separación entre as informacións e opinións, a identificación de quen
sustente estas últimas e a súa libre expresión, cos límites do apartado
4 do artigo 20 da Constitución.
d) O respecto ao pluralismo político, relixioso, social, cultural e lingüístico.
e) O respecto ao honor, á fama, á vida privada das persoas e cantos dereitos e liberdades recoñece a Constitución.
f) A protección da xuventude e da infancia.
g) O respecto aos valores da igualdade recollidos no artigo 14 da Constitución.
Sección segunda. Dereito de antena
Artigo 17
1.-A
ordenación dos espazos de radiodifusión e televisión de Galicia farase
de xeito que a eles poidan acceder os grupos políticos e sociais máis
significativos. Para tal fin, o Consello de Administración, de acordo co
Director Xeral, terá en conta criterios obxectivos, como representación
parlamentaria, implantación política, sindical, social, cultural e
ámbito territorial de actuación.
2.-O Goberno Galego poderá facer
que se emitan indicando a súa orixe, declaracións e comunicados
oficiais necesarios para o interese público. Por razóns de urxencia,
apreciadas polo Goberno, estas declaracións e comunicados terán efecto
inmediato.
3.-A Xunta de Galicia poderá establecer periodicamente
as obrigas que se deriven da natureza do servizo público da Compañía de
Radio e Televisión de Galicia e, previa consulta ao Consello de
Administración, facelas cumprir.
Sección terceira. Dereito de rectificación
Artigo 18
O dereito de rectificación e o seu procedemento regularase segundo o previsto nas normas xerais que rexen a materia.
Sección cuarta. Período electoral
Artigo 19
Durante
as campañas electorais aplicarase o réxime especial que establezan as
normas electorais, correspondendo a aplicación e o control das mesmas á
Xunta electoral competente, que cumprirá a súa misión a través do
Consello de Administración e do Director Xeral da Compañía.
Sección quinta. Control parlamentario directo
Artigo 20
Correspóndelle ao Parlamento de Galicia o control da actuación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e das súas sociedades.
A
Comisión Permanente de Control da Compañía de Radio-Televisión de
Galicia e as súas sociedades, constituída de conformidade co que dispoña
o Regulamento da Cámara, exercerá o control da actuación da CRTVG e as
súas sociedades, de tal xeito que non impida o funcionamento dos medios,
velando polo cumprimento efectivo da función de servizo público,
definida e encomendada á CRTVG no artigo 1, apartado 1, desta lei.
Para
estes efectos, a CRTVG remitiralle, con carácter anual, á devandita
Comisión parlamentaria un informe sobre a execución da función de
servizo público encomendada, referido ao conxunto das súas actividades,
programacións, servizos e emisións.(1)
CAPÍTULO QUINTO
PRESUPOSTO E FINANCIAMENTO
Artigo 21
O
presuposto da Compañía de Radio-Televisión de Galicia axustarase ao que
dispoña a Lei de Xestión Económica e Financeira Pública de Galicia, sen
prexuízo das especialidades previstas nas presente Lei.
Artigo 22
1.-As
sociedades xestoras dos servizos públicos de Radiodifusión e de
Televisión terán presupostos separados, que se axuntarán aos Xerais da
Comunidade Autónoma para a súa ulterior aprobación polo Parlamento de
Galicia.
2.-As sociedades filiais creadas ao amparo do artigo 15 da presente Lei, estarán suxeitas a igual réxime presupostario.
3.-Os
presupostos a que se refiren os anteriores apartados elaboraranse e
xestionaranse con observancia do principio de equilibrio presupostario.
4.-Sen
prexuízo do presuposto da Compañía e do separado de cada unha das súas
sociedades, establecerase un presuposto consolidado coa finalidade de
evitar déficits de caixa e de permitir unha cobertura destes mediante o
superávit das entidades e sociedades integradas no presuposto
consolidado. Por virtude da presente Lei autorízase o réxime de
minoración de ingresos sobre o presuposto da Compañía de
Radio-Televisión de Galicia.
Artigo 23
A
contabilidade das sociedades a que se refiren os artigos precedentes
axustarase ás normas que para as sociedades e entidades de capital
pública se conteñan na Lei de Xestión Económica e Financeira Pública de
Galicia.
Artigo 24
1.- O Director Xeral da Compañía renderá contas periodicamente da xestión someténdose ao control parlamentario a que se refire o artigo 20 da presente Lei.
2.- Nos termos que estableza a Lei reguladora correspondente, o Consello de Contas informará
o Parlamento de Galicia da xestión económica e presupostaria da
Compañía, das súas sociedades xestoras e das sociedades filiais que no
seu caso se creen.
3.-O control financeiro da Compañía e das súas sociedades xestoras e filiais efectuarase, en
todo caso, a través de procedementos de auditoría, sen suxeición ao
sistema de intervención previa. No demais, aplicaranse as disposicións
que regulen a xestión económica e financeira pública de Galicia.
Artigo 25
1.-A
Compañía de Radio-Televisión de Galicia financiarase con cargo aos
Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma e mediante os ingresos e
rendementos das súas actividades. As sociedades xestoras e as filiais
farano mediante subvencións consignadas nos Presupostos Xerais da
Comunidade Autónoma, mediante a comercialización e venda dos seus
produtos, e, limitadamente, mediante unha participación no mercado da
publicidade.
2.-No caso da televisión haberá que estar, ademais,
ao sinalado no parágrafo terceiro da Disposición Transitoria sexta do
Estatuto de Autonomía para Galicia.
CAPÍTULO SEXTO
PATRIMONIO
Artigo 26
O
patrimonio da Compañía e das sociedades de capital integramente da
Comunidade Autónoma ás que se refire a presente Lei, terá a
consideración de dominio público, como patrimonio afecto ao servizo
público correspondente e, polo tanto, gozará na orde tributaria das
exencións pertinentes.
A titularidade do patrimonio a que se
refire o parágrafo anterior atribúese, en todo caso, á Administración
autonómica, correspondéndolles á Compañía e ás súas sociedades, en
concepto de adscrición de uso, a súa xestión, conservación e
administración para o cumprimento dos seus fins específicos.
Aplicaranse
as disposicións da Lei do Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia
en todo o que se refire ao réxime xurídico dos bens e dereitos
patrimoniais ou demais que lle sexan edidos, adscritos ou incorporados
ao seu patrimonio independente.
CAPÍTULO SÉTIMO
PERSOAL
Artigo 27
1.-As
relacións de carácter laboral na Compañía de Radio-Televisión de
Galicia e nas súas sociedades ás que se refire a presente Lei
regularanse polo preceptuado na lexislación laboral, con suxeición ao
principio de autonomía das partes.
2.-A pertencia ao Consello de
Administración ou ao Consello Asesor regulados nesta Lei, non dará lugar
ao nacemento de dereitos de carácter laboral sobre a Compañía e das
súas sociedades.
3.-A situación dos funcionarios que se
incorporen á Compañía ou ás súas sociedades rexerase polo que dispoñan
as normas que, sobre a función pública, dite a Comunidade Autónoma de
Galicia, con arranxo ás bases definidas pola lexislación estatal.
4.-O
ingreso con carácter fixo na Compañía e nas súas sociedades só poderá
facerse mediante as oportunas probas de admisión, establecidas e
convocadas polo Director Xeral de acordo co Consello de Administración e
con arranxo aos principios básicos definidos pola lexislación estatal.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA
Mentres
non teña lugar a constitución do Consello Asesor a que se refire a
presente Lei, as súas funcións exerceraas o Consello Asesor de Radio e
Televisión Española en Galicia. O Consello de Administración deberá
quedar constituído dentro dos 30 días seguintes ao de designación dos
seus membros. En todo o non previsto nesta Lei o Consello de
Administración establecerá o seu réxime de funcionamento.
DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS
Primeira
A presente Lei entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Segunda
Facúltase
á Xunta de Galicia para ditar as disposicións regulamentarias que se
requiren en desenvolvemento da presente Lei, sen prexuízo das facultades
regulamentarias autónomas recoñecidas nesta Lei e as instrucións e
circulares que a Compañía de Radio-Televisión de Galicia poida ditar
para o correcto e coordinado funcionamento das sociedades que agrupe.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1984
Gerardo Fernández Albor Presidente
|