|
DIRECCION
Rúa da Fraga (Casa Francés - C Zapateira) 29. 15008 A Coruña Telefono: 981 167 000 Exten.: 2904 - 981 167 050 Fax: 981 167 075 Correo electronico: sape@udc.es
HORARIO
Mañana: 9.00 a 14.00 horas
Tarde: 16.00 a 20.00 horas
Agosto: 9.00 a 13.00 horas
DESCRIPCION
La Universidad de Coruña cuenta en sus campos de Coruña y Ferrol con este Servicio de Asesoramiento y Promoción del Estudiante (mas conocido como SAPE).
El servicio comprende las areas de:
* Área de asesoramento académico.
* Área de Informacíón Xuvenil.
* Área de Orientación Laboral.
* Área de Asesoramento ó Autoemprego.
* Gabinete de Orientación Psicopedagóxica.
Entre sus funciones se incluyen:
* Informar sobre las caracteristicas académicas de los estudios sobre las distintas salidas profesionales.
* Informar sobre el regimen de acceso y permanencia de estudiantes en la Universidad de Coruña.
* Informar sobre los derechos de los estudiantes brindandoles el asesoramiento necesario para ejercerlos o reclamarlos.
* Informar, a nivel general, de las bolsas y ayudas convocadas.
* Promover la creación de bolsas y ayudas y proponer a la Junta de Gobierno acciones en materia de bolsas, ayudas y exensiones.
* Asesorar en la busqueda de empleo.
* Asesorar en la creación de nuevas empresas.
* Carne Xove.
PROGRAMAS DE INTERCAMBIO.
* Programa SICUE
* Programa Erasmus
* Convenios bilaterais para o curso 2011/2012
* Prácticas en Empresas - Oficina de Relacións Internacionais - SAEE
CURSOS Y CONGRESOS QUE OTORGAN CREDITOS DE LIBRE ELECCION
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. VICERREITORÍA DE TÍTULOS, CALIDADE E NOVAS TECNOLOXÍAS. CURSOS NA AULA DE INFORMATICA (AFI) Preinscrición: ata o 10 de decembro por Internet no enderezo http://www.udc.es/afi ou na secretaría da AFI. Máis información: Cursos con créditos de libre elección
- V XORNADAS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. ARES, 7 E 8 DE XUÑO DE 2012. Información: Centro de Información ás Mulleres de Ares (Avda. Saavedra Meneses, 12). TLF: 981 468 102 www.concellodeares.com Inscricións gratuita: xornadas.ares@gmail.com ou ben por correo postal ou fax a: C/ Montes das Moas, 15, Local 4. C.P. 15009 - A Coruña. TLF/FAX: 881 927 901 Lugar de celebración: Mosteiro de Santa Catalina de Monte Faro (Ares) Solicitado un crédito de libre elección da UDC.
- UNIVERSIDAD INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO. CURSOS 2012. Inscricións, matrícula e Bolsas: Secretaría de Alumnos de la UIMP; galiciasa@uimp.es; www.uimp.es Máis información: www.uimp.es Reconocimiento de los cursos en créditos de libre configuración.
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. OFICINA DE MEDIO AMBIENTE. “PRIMAVERA AMBIENTAL UDC”: CICLO DE CONFERENCIAS, OBRADOIROS E EXPOSICIÓNS. Entrada libre e gratuita Organiza: Universidade da Coruña. OMA (Oficina de Medio Ambiente). Contacto: ama2@udc.es Solicitado un crédito de libre elección
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. OFICINA DE MEDIO AMBIENTE. V SESIÓN DO I CICLO DE CONFERENCIAS "RESPONSABILIDADE SOCIAL E MEDIO AMBIENTE" Lugar: salón de graos da facultade de Dereito as 17:00 horas. Data: : mércores 14 de marzo de 2012. Organiza: Universidade da Coruña. OMA (Oficina de Medio Ambiente). Máis información: ver cartel Contacto: enrique.fernandez@udc.es Solicitado un crédito de libre elección
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. OFICINA DE MEDIO AMBIENTE. IV SESIÓN DO I CICLO DE CONFERENCIAS "RESPONSABILIDADE SOCIAL E MEDIO AMBIENTE"
Lugar: salón de graos da facultade de Dereito as 17:00 horas. Data: : luns 27 de febreiro de 2012. Organiza: Universidade da Coruña. OMA (Oficina de Medio Ambiente). Máis información: ver cartel Contacto: enrique.fernandez@udc.es Solicitado un crédito de libre elección
-UNIVERSIDADE DA CORUÑA. VICERREITORÍA DE INFRAESTRUCTURAS E XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL I CICLO DE CONFERENCIAS "RESPONSABILIDADES SOCIAL E MEDIO AMBIENTE" Lugar: salón de graos da facultade de Dereito as 17:00 horas. Data: : luns 30 de xaneiro de 2012. Organiza: Universidade da Coruña. Vicerreitoría de Infraestructuras e Xestión Medioambiental. Máis información: ver cartel Contacto: enrique.fernandez@udc.es Solicitado un crédito de libre elección
- MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE Lugar: Aula Deportiva do Pavillón de Deportes (Campus de Elviña). Días: : do 04 de febreiro ao 22 de abril de 2012. Inscricións: remata o 02 de febreiro de 2012. Organiza: Escola de tempo libre. Universidade da Coruña Máis información: http://www.extension.udc.es/ga/deporte/formacion__1 981 167 000 Ext. 1904 CONCEDIDOS 3 CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
- VIII XORNADAS SOBRE LINGUA E USOS: LINGUA E ECOLOXÍA Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña. Días: : 30 de novembro e 1 de decembro de 2011. Inscricións: remata o venres 25 de novembro de 2011, ás 14:00 h Organiza: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega Máis información: ver programa. www.udc.es/snl
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. DEPARTAMENTO DE DIDÁCTICAS ESPECÍFICAS. I XORNADA TÉCNICA. PROGRAMACIÓN E PEDAGOXÍA DO ENTRENAMENTO DEPORTIVO NA EDADE ESCOLAR. Obxecto: formar e capacitar ao alumno para un mellor desempeño profesional no eido da iniciación deportiva e a ensinanza da Educación Física. Modalidade: presencial e a distancia. Inscricións: ata o día 16 de novembro de 2011. Fonte: www.sportis.es (Recoñecidos 2 créditos de libre elección aos estudantes da UDC).
- CURSO DE FORMACIÓN BÁSICA EN VOLUNTARIADO. Obxecto: ofertar catro bolsas para contribuir a formación de profesionais no campo da actividade comercial e o seu entorno. Datas: 18 e 19 de novembro de 2011. Lugar: Edificio de apoio ao estudo do campus de Esteiro. Prazo de inscrición: ata o 14 de novembro.O prezo do curso é de 15 euros (gratuito para o voluntariado en activo que así o acredite), solicitado un crédito de libre configuración. Máis información: Vanessa Míguez Martín - Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado Edificio de Apoio ao Estudo, 2º andar 15403 Campus de Esteiro (Ferrol) Tlf: +34 981 167000 ext 3677-3671 email: ocvfer@udc.es http://www.udc.es/cooperacion Programa: ver pdf
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. VICERREITORÍA DE CALIDADE E NOVAS TECNOLOXÍAS. CURSOS NA AULA DE FORMACIÓN EN INFORMÁTICA (AFI). CURSO 2011/12 Preinscripción: ata o día 21 de novembro de 2011 (http://www.udc.es/afi) Máis información: www.udc.es/_galeria_down/actualidade/eventos/2011/11/afi.pdf
-UNIVERSIDADE DA CORUÑA. OBRADOIROS GRATUITOS NOVEMBRO-DECEMBRO 2011. SOEP. Preinscripción: do 28 de outubro ao 11 de novembro. Lugar: A Coruña: Edificio Xoana Capdevielle e facultade de Ciencias da Eduación. Ferrol: Edificio de apoio ao estudo e E.U.P. de Serantes Máis información: http://www.udc.es/sape/soep/index.html
- CURSO DE ARTE CONTEMPORÁNEO E ACTUAL NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE DA CORUÑA. Data: 2 de novembro de 2011 ata xuño de 2012. Preinscripción: ata o 15 de novembro. Lugar: Fundación Luis Seane da Coruña. Máis información: Folleto e Fundación Luis Seoane, Rúa San Francisco s/n, 15001 A Coruña. Tlf. 981 216 015 981 216 015 F. 981 216 379 info@luisseoanefund.og
- IV Xornadas sobre a Normalización da Lingua Galega no ámbito educativo. Educando en galego: a nosa responsabilidade. Datas: 7,8,14 e 15 de Novembro. Lugar: Facultade de Ciencias da Educación
- VIII Xornadas sobre Lingua e Usos, Lingua e Ecoloxía Datas: 30 de novembro e 1 de decembro de 2011. Lugar: Paraninfo da Universidade da Coruña. Preinscrición: ata o 25 de novembro 2011. Máis información: http://www.udc.es/snl/convocatoriaspdf/Programa_VIII_Xornadas.pdf
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. XUNTA DE GALICIA. IX XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INMIGRACIÓN, INTERCULTURALIDADE E COOPERACIÓN. Datas: 20 e 21 de outubro de 2011. Lugar: Edificio Xoana Capdevielle. Aula 2. Preinscrición: ata o día 18 de outubro de 2011. Máis información: www.udc.es/cooperacion
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. XORNADAS DE INTRODUCIÓN Á COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E A ACCIÓN HUMANITARIA. Datas: 27 e 28 de outubro de 2011. Lugar: Facultade de Enfermería e Podoloxía do campus de Esteiro en Ferrol. Preinscrición: do 10 ao 24 de outubro. Prezo: O prezo de inscrición é de 15 euros (gratuito para o voluntariado). Máis información: Ver pdf (www.udc.es/cooperacion) (Solicitado un crédito de libre configuración).
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. IX XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE INMIGRACIÓN, INTERCULTURALIDADE E COOPERACIÓN. Datas: 20-21 de outubro de 2011. Lugar: Edificio Xoana Capdevielle. Preinscrición: do 7 ao 18 de outubro. Máis información: www.udc.es/cooperacion (Solicitado un crédito de libre configuración).
- CONCELLO DE ARES. DEPUTACIÓN DE A CORUÑA. IV XORNADAS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. Datas: 2, e 3 de xuño de 2011. Lugar: Mosteiro de Santa Catalina de Monte Faro (Ares). Inscrición: xornadas.ares@gmail.com Máis información: www.concellodeares.com ou no tfn 981448354 (Solicitado un crédito de libre configuración).
BOLSAS Y AYUDAS.
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. BOLSAS SANTANDER CRUE-CEYPME. PRÁCTICAS EN EMPRESAS PARA ALUMNADO DA UDC
Aberto o prazo de inscrición para o estudantado e PYMES que desexen participar no programa Bolsas Santander CRUE CEPYME
Prácticas en Empresas para o curso académico 2012/2013 Este curso a Universidade da Coruña xestionará un total de 92 bolsas, aumentando en máis do duplo as prazas dispoñibles na presente convocatoria. Prazo de presentación de solicitudes: para o estudantado e as PYMES remata o próximo 31 de xaneiro de 2013.
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. LECTORADOS DE ESPAÑOL. Curso 2013/2014 Convocatoria para la selección de lectores/as de español para el curso dentro del Programa de lectores establecido por el HolyCross
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. XORNADAS SOBRE A LEI CONCURSAL. Obxecto: xornada indicada para o alumnado dos últimos cursos que desexen aumentar os seus coñecementos sobre a lei concursal. Lugar: campus de Ferrol Data: 30 de novembro
- MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE. SECRETARÍA XERAL DE PESCA. BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN MATERIA DE ORDENACIÓN PESQUEIRA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS. Obxecto: promover a formación e o perfeccionamento técnico profesional en materia de mercados pesqueiros e estructuras mediante a oferta de cinco bolsas. Áreas de coñecemento: a) Tres bolsas na área de coñecemento de economía pesqueira. b) Unha bolsa na área de coñecemento da política estructural pesqueira. c) Unha bolsa na área de coñecemento de control e inspección pesqueira. Duración: un ano, poidendo prorrogarse ata un máximo de catro ano. Prazo: dez días hábiles contados a partíres do día seguinte ao da convocatoria. Fonte: BOE do día 5 de novembro de 2012.
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. BANCO DE SANTANDER. CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ESTUDOS OFICIAIS DE MESTRADO UNIVERSITARIO Obxecto: ofertar 3 bolsas de renovación e 57 de nova adxudicación aos estudantes matriculados nalgún dos mestrados oficiais da Universidade da Coruña no curso 2012-2013. Cuantía: 1). Bolsas de renovación: 3.000 euros para mestrados de 120 créditos e 1.500 euros para mestrados de 90 créditos. 2). Bolsas de nova adxudicación:3.000 euros. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ata o día 9 de novembro de 2012. No Rexistro xeral da Universidade da Coruña Maestranza nº 9); nos Rexistro Auxiliare (Casa do Lagar- Campus de Elviña) ou no Rexistro da Vicerreitoría de Ferrol (rúa Dr Vázquez Cabrera-Ferrol).
- UNIVERSIDADE DA CORUÑA. BANCO DE SANTANDER. CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS NO MARCO DO PROGRAMA "BOLSAS IBEROAMÉRICA. ESTUDANTES DE GRAO. SANTANDER UNIVERSIDADES" Obxetivo: fomento da mobilidade internacional de estudantes españois de Grao e Licenciatura como contribución á configuración do Espazo Iberoamericano de Coñecemento (EIC). Requisitos: -Estar matriculado na universidade da coruña tanto no curso 2011/12 como no curso 2012/13, momento de realización da estadía no estranxeiro, en estudos de Grao, Licenciatura, Arquitectura ou Enxeñaría. -Ter superados com mínimo 120 créditos de grado, ou superado íntegra e satisfactoriamente os dous primeiros cursos de estudos de Licenciatura, Arquitectura, ou Enxeñaría. -Ter sido seleccionado par unha mobilidade bilateral de duración semestral a iniciar no 2º semestre 12/13, nunha das Universidades de destino recollidas na convocatoria de mobilidade da UDC 2012/13. -A estadía na universidade de destino deberá realizarse no período omprendido entre o 1 de febreiro de 2012 e o 31 de xullo de 2013. -Non ter sido beneficiario dunha bolsa Santander de mobilidade á un país iberoamericano en convocatorias anteriores. -Non ter sido beneficiario da bolsa de intercambio bilateral propia da UDC en convocatorias anteriores. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do día 17 de agosto de 2012, no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, no rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol, ou no rexistro do Campus de Elviña. Fonte: Universidade da Coruña.
- REAL DECRETO 1000/2012 DE 29 DE XUÑO, POLO QUE SE ESTABLECE OS UMBRAIS DE RENDA E PATRIMONIO FAMILIAR E AS CUANTÍAS DAS BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO, PARA O CURSO 2012-2013 E SE MODIFÍCASE PARCIALMENTE O REAL DECRETO 1721/2007 DE 21 DE DECEMBRO, POLO QUE SE ESTABLECE O RÉXIMEN DAS BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO PRESONALIZADAS. Obxetivo: Este real decreto ten por obxeto determinar os seguintes parámetros cuantitativos polos que se rexirán as convocatorias de bolsas e axudas ao estudo correspondentes ao curso académico 2012-2013 financiadas con cargo ao orzamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/07/05/pdfs/BOE-A-2012-9007.pdf
- ORDE do 12 de xuño de 2012 pola que se aproban as bases para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seus estudos oficiais nas universidades do SUG. Obxetivo: Mellorar a formación académica adquirindo coñecementos de materias específicas por medio de estadías formativas de curta duración noutros centros de estudos superiores, empresas ou institucións, contribuíndo ao establecemento e fomento do contacto entre estudantes das universidades galegas e a realidade práctica de fóra da comunidade. Requisitos: Grupos de estudantes dun mesmo centro universitario matriculados no último curso da mesma titulación. Solicitudes e prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Máis información: http://www.xunta.es
- VI Convocatoria do Programa Bolsas Fundación Universia Capacitas (FUNDACIÓN UNIVERSIA). Obxetivo: Adxudicarase un mínimo de 60 bolsas para estudantes universitarios con discapacidade: 10 bolsas de acceso, 38 bolsas de progreso, 10 bolsas de movilidade e 2 bolsas para deportistas de alto nivel con discapacidade. Requisitos: Estudiantes universitarios. Prazo de presentación: Para as bolsas de movilidade será entre o 15 de xuño e o 1 de outubro de 2012. As solicitudes para as demais bolsas poderán ser remitidas entre o 2 de xullo e o 15 de novembro de 2012. Máis información: www.fundacionuniversia.net
-Resolución 3D0/38038/2012, de 21 de maio, do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial «Esteban Terradas» pola que se convocan bolsas de formación. Requisitos: Titulados de Graduado, Licenciado, Enxeñeiro, Enxeñeiro Técnico ou equivalentes. Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar desde o seguinte á súa publicación no Boletín Oficial do Estado. Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/04/pdfs/BOE-A-2012-7411.pdf
- Resolución de 24 de maio de 2012, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan as bolsas FORMARTE de formación e especialización en materias da competencia das institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, correspondentes ao curso 2012/2013 Obxetivo: Formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Requisitos: Titulación académica oficial que se indica en cada unha das clases de bolsa ou ben de títulos estranxeiros equivalentes homologados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Solicitudes e prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado. Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/01/pdfs/BOE-A-2012-7324.pdf
- ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. RESOLUCIÓN DO 21 DE MAIO DE 2012 POLA QUE SE CONVOCA UNHA BOLSA DE FORMACIÓN NA ÁREA DE DOCUMENTACIÓN E BIBLIOTECONOMÍA. Destinatarios: Os que teñan rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditadas algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en Biblioteconomía e Documentación, ou licenciatura en Biblioteconomía ou Documentación. Prazo: O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Dirario Oficial de Galicia desta convocatoria. (31/05/2012) Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120531/AnuncioO150-280512-0002_gl.pdf
- ORDE do 9 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2012. Obxecto: Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e se procede á convocatoria correspondente ao programa 2012 de bolsas de formación en arquivos de Galicia. As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas coa organización e descrición ou con outros procesos que integran o tratamento técnico dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais de Galicia e outros arquivos de interese galego. Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos. Requisitos: Poderán ser beneficiarios destas bolsas os solicitantes que cumpran os seguintes requisitos: 1. Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en historia e/ou arquivística. 2. Ter acreditado o dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial. 3. Non ter desfrutado con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria de bolsas dun período de tempo superior a vinte e catro meses (24) en bolsas das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización e descrición de arquivos galegos. 4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda. 5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego. Solicitudes e prazo de presentación: O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Máis información: www.xunta.es
- CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA FORMACIÓN COMPLEMENTARIA DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. (1ª PARTE) CURSO 2012/2013. Obxecto: O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de 20 bolsas de colaboración que permitan a formación teórica e práctica do estudantado matriculado nun centro propio da Universidade da Coruña en estudos conducentes á obtención dun título oficial, mediante a realización de actividades de colaboración en diferentes áreas de interese formativo, como son as áreas de cultura, comunicación, calidade e novas tecnoloxías, estudantes e relacións internacionais. Requisitos: Todas as persoas solicitantes dunha bolsa deberán cumprir os seguintes requisitos: 1. Estar matriculado en estudos oficiais na Universidade da Coruña e ter superado o 50% dos créditos da titulación. 2. Non exceder de 28 anos de idade durante o período de aproveitamento da bolsa. 3. Non percibir ningunha axuda económica incompatible. Tampouco poderá realizarse ningunha actividade retribuída que supoña a obtención de ganancias superiores no seu importe ao trinta por cento do Salario Mínimo Interprofesional. 4. Existir conexión entre a actividade obxecto da bolsa e o perfil académico de quen presenta a solicitude. Alén dos requisitos anteditos, a persoa solicitante dunha bolsa, deberá cumprir en cada caso os requisitos específicos que figuran no anexo 1 correspondentes ás distintas áreas de formación, se os houber. 5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa de colaboración por un período superior a 12 meses. 6. Non poderán presentarse á convocatoria aquelas persoas que xa foran beneficiarias nalgunha ocasión de calquera bolsa de colaboración da Universidade da Coruña, sempre e cando o tempo conxunto exceda de doce meses. 7. Non se poderán aproveitar da mesma bolsa aquelas persoas que xa a aproveitaran en cursos anteriores. Solicitudes e prazo de presentación: As solicitudes deberán cumprimentarse a través da aplicación informática á que se accede dende: http://bolsas.udc.es O prazo de solicitude será dende a publicación desta convocatoria ata as 14.00 h. do día 12 de maio de 2012. Máis información: www.udc.es
-Resolución de 20 de abril de 2012, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se convoca bolsa de formación para titulados superiores universitarios en Ciencias Políticas ou Administración Pública. Obxecto: A presente Resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concurrencia competitiva e de acordo cos principios de objetividad e publicidade, unha bolsa destinada a titulados superiores universitarios en Ciencias Políticas ou Administración Pública, para formarse e levar a cabo tarefas de apoio relativas ao banco de boas prácticas e aqueloutras que se realicen no organismo. Requisitos: 1. Poderá ser beneficiario da bolsa calquera persoa de nacionalidade española ou nacional dalgún Estado membro da Unión Europea que obteña o título de Grao (de acordo ao Real Decreto 1393/2007 de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais) ou Licenciado, en Ciencias Políticas ou Administración Pública, no curso académico 2006-2007 ou posterior, en Universidades españolas ou estranxeiras, neste caso, a condición de que obteña a homologación do seu título por resolución definitiva. 2. Os solicitantes, para obter a condición de beneficiario, non poderán incurrir en ningunha das causas de inhabilitación previstas no artigo 13.2 da da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, e, en particular, deberán estar ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social. 3. Non poderá ser beneficiario, quen goce con anterioridade dunha bolsa convocada polo INAP. Ademais, non poderá padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que lle imposibilite para o cumprimento das súas obrigacións como bolseiro. Solicitudes e prazo de presentación: 1. As solicitudes se formalizarán no modelo que figura como anexo I, dirixiranse ao Director do INAP e poderán presentarse: a) De forma electrónica a través da sé electrónica do INAP, dispoñible na dirección http://sede.inap.gob.es/, para o que será necesario dispoñer do DNI electrónico ou calquera outro certificado electrónico recoñecido admitido polas Administracións Públicas; b) de forma presencial no Rexistro Xeneral do INAP, rúa Atocha 106, 28012 Madrid; c) por calquera das vías previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 2. O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado». Máis información: O INAP facilitará información sobre a convocatoria no Departamento de Publicacións, Estudos e Documentación, no teléfono 91 273 91 62 por correo electrónico en: becas@inap.es e a través da páxina web: www.inap.es Tamén mirar www.boe.es
|
 |
|